O café

Despois dun bo xantar, bebeu dous cafés negros e levantouse. Ao redor da mesa  aínda permanecía o resto da familia. Seguían a leriar máis e máis. Non tiña moitas ganas de discutir e optou por marchar para o salón. Colleu a taza de café e antes de recostarse no sofá pousouna nunha pequena mesiña que había cerca.

Estivo así un bo anaco. Non necesitaba reincorporarse para alcanzar a taza. Chegáballe con estirar o brazo para agarrala e, con moito coidado, ía bebendo no café.

Un anaco máis tarde decidiu cambiar de posición. Colleu un libro de Bukowski que pousara na mesiña onde puxera o café e comezou a ler. Ía pola metade e cada páxina era máis interesante ca a anterior.

A través das fiestras do salón vía o fermoso día que facía. Non había unha nube no ceo e os paxariños cantaban e algunha que outra mosca e abella batía contra os cristais das fiestras.

Coa mente despexada, gozando do café e lendo unhas páxinas pasou alí un par de horas, alleo a todos.

Share

Deixar uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *

Pode usar estas etiquetas HTML e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>